luns, 2 de xuño de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (6. ASÍ SE FAI O PAPEL RECICLADO)


Hoxe queremos compartir con todos vos como vai a nosa investigación sobre o papel. Pero para que entendades todo, por se vos perdestes algún capitulo, aquí vos deixamos os enlaces:






Estos días estivemos traballando coas palabras que estamos aprendendo, aquí tedes unha mostra....







Estábamos decididos a facer papel reciclado. Ademais de cousas que investigamos na casa, recibimos axuda directamente na clase, porque isto de contar as nosas aventuras nun blog ten as súas vantaxes jeje


Chegáronnos unhas pistas coas cousas que necesitamos para reciclar, así que fixemos 6 equipos para atopar todas as pistas e poñernos mans á obra.

Cada equipo tiña unha cor e sabia en que recuncho tiña que encontrar unha pista da súa cor... así que nos puxemos a buscar 


Atopamos todas as pistas... pero non entendíamos nada!! eran uns códigos moi, moi raros... ainda que a algúns soábannos... non sabíamos que significaban....


A profe explicounos que son uns códigos secretos que esconden palabras, fotos, paxinas web... e que se poden ler cun programa especial. 


Así que nos deixou a súa tablet cun lector de códigos QR (que calquera pode descargar na tablet ou no móbil).

Dispuxémos a descifrar os códigos... foi moi divertido e emocionante... tiñamos que enfocar ben o código e ao momento.... aparecía a palabra escondida... parecía maxia!!



Despois cada equipo escribiu a súa palabra para facer a lista con todo o necesario para facer papel reciclado



Para rematar o día, a profe púxonos un vídeo onde vimos facer papel reciclado.... estivemos moi atentos porque pronto nos tocará facelo....


Queredes ver o vídeo? aquí o tedes ;)



Seguide atentos ás nosas aventuras co papel... o seguinte capítulo:

(7. PREPARÁNDONOS PARA FACER PAPEL RECICLADO)




P.D: Para profes que teñan ganas de facer actividades cos códigos QR... animalos porque é moi sinxelo, tanto android como IOS, para móviles e tablets, teñen varias aplicacións moi sinxelas para crear e ler os códigos (QR Droid, QRit free, etc...)
Aquí tendes un enlace interesante: CÓDIGOS QR

Ningún comentario:

Publicar un comentario