luns, 19 de maio de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (5. O RESULTADO DA FABRICACIÓN)

Aquí estamos, cargados de nervios, para ver como quedou o papel que fabricamos.... 

Se queredes coñecer todo o que fixemos ata chegar aquí, non deixedes de ver a nosa investigación premendo nos enlaces: 





Chegamos a clase emocionados por ver o resultado e poder debuxar algo nos papeis fabricados por nós mesmos pero... 
Que decepción... mirádeo vos mesmos...









O papel desfacíase todo, era imposible collelo enteiro. 
Despois de buscar explicacións, concluímos que quizá a auga debía estar mais quente, que os produtos químicos si que eran moi importantes... o que si está claro é que quedamos un pouco chafados... 

Pero temos moitas ganas de conseguir facer papel... así que non nos rendemos!
Repasando a información que investigamos na casa, e escoitando o que algún vira nalgún vídeo... saíu a idea de facer papel reciclado... aínda que non temos moi claro como facelo... así que todos a investigar coas familias. 

Non vos perdades o próximo capítulo da nosa investigación! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario