venres, 9 de maio de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (1. COMEZAMOS)

Como xa vos contamos nalgunha entrada do blog, este ano, os da clase de 4 anos estamos feitos un artistas, e un dos recunchos que ten mais éxito é o da arte

Encántanos facer todo tipo de cousas: pintar, recortar, troquelar, pegar,... e utilizamos moitos materiais, pero hai un que sempre precisamos: papel. 


A profe trae papeis que vai xuntando de fotocopias que saen mal ou de outras cousas, para que os aproveitemos e utilicemos polo outro lado... di que non podemos malgastar tanto papel.

Nos dixémoslle que merque mais, pero a profe Ana di que non so é cuestión de cartos, que non se pode malgastar o papel.... e falando disto, algún preguntou que por que..., que onde se facía.... que pedíramos mais.... outros empezaron a preguntar de onde sae... e así xurdiron preguntas que nos levaron a decidir o último proxecto deste ano, que sería unha investigación sobre O PAPEL. 




A profe deixounos falar e dicir o que pensamos sobre a orixe do papel, como se fai, etc... aquí podedes ver algunhas das cousas que dixemos ;)

 


E despois de deixarnos falar, todos xuntos decidimos que é o que queremos investigar e descubrir:


E pensamos onde podíamos investigar... 



Agora tócanos investigar a ver se conseguimos descubrir como facer papel para que nunca quedemos sen el no recuncho da arte...

Estade atentos que vos seguiremos contando a nosa investigación, non perdades o seguinte capítulo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario