sábado, 10 de maio de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (2. INVESTIGANDO)

Aquí seguimos contando esta divertida experiencia que estamos vivindo co papel, xa sabedes como comezou, para estar ao día lede primeriro o capítulo 1 ;)



Despois de que a profe nos animase a buscar información na casa, esa fin de semana investigamos moito, con axuda das familias, para despois explicarlle aos compañeiros e a profe o que descubrimos. 









O que tiñamos claro é que o papel sae das árbores. Estabamos decididos a fabricar papel nos mesmos para que non se nos acabase o papel no reuncho da arte, así que buscamos en internet un vídeo dunha fabrica de papel que moitos xa víramos na casa.


Vimos o vídeo axudando á profe para que non se despistase de anotar todo o necesario para facer papel na clase.
Despois do ver o video atopamos varios problemas, o primeiro era que non podíamos cortar unha árbore... desanimámonos un pouco, pero a profe díxonos que tampouco tiñamos que facer moitisimo papel, que non precisabamos tanta madeira. 
Algun suxeriu que con ramiñas e pauciños podíamos facer un pouco de papel. 
Así que durante uns días levamos ramiñas e pauciños ao cole, collíamos no recreo... e xuntamos todo nunha caixa.


Tamén aprendimos a escribir algunha das palabras coas que traballamos estes días.



Queredes saber que fixemos despois? nos deixedes de leer a 3ª parte da historia do noso proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario