domingo, 18 de maio de 2014

PROXECTO: O PAPEL. (4. FABRICANDO PAPEL)

Por fin chegou o día de montar a mini fábrica na clase!!

Non sabedes de que falamos? pois mirade os primeiros capítulos da nosa investigación premendo nos enlaces: 




Despois de xuntar e trocear madeira... e de xuntar serrín! xa tíñamos todo o preciso:



A profe trouxo unha tarteira para quentar auga e cocer a madeira e o serrín a unha temperatura moi alta. Con todas as medidas de seguridade e coa súper colaboración da profe Nerea, todos axudamos á profe dándolle pouco a pouco serrín para ir botando na tarteira e facendo a pasta de papel.




Despois de ferver ben a madeira xa tiñamos lista a pasta de papel.


É verdade que nos faltaban os produtos químicos que usaban na fábrica, pero non nos importaba que o papel non saíse branco. Así que escorremos ben a pasta de papel


E despois, entre todos e usando os rodillos, estirámola e aplastámola ben dándolle forma aos papeis. Decidimos probar facendo catro follas, e se saía ben, xa faríamos mais. 



Agora tocaba deixalo secar.... queredes saber cómo quedou o papel? que nervios! que emoción!


Non perdades a seguinte entrada:

Ningún comentario:

Publicar un comentario