luns, 29 de xaneiro de 2018

Preparando a terra para prantar

A semana pasada, nuns destes días que o tempo nos deu un respiro, saímos á parte superior do noso patio de infantil para traballar un pouco a terra, paso previo a prantar uns bulbos de flores nesta semana en curso.
Pasámolo moi ben repartindo e estendendo a terra, mesturándoa coa existente, manchándonos,...

Deste xeito esperamos que o noso patio de infantil luza un pouco máis fermoso cando chegue a primavera! A ver qué sae de aquí!!





1 comentario: